A Praza Maior de Ourense acolleu esta mañá, ás 11.00 horas, a xornada musical “O son da praza”, unha iniciativa educativa e artística na que participaron máis de 400 nenos e nenas de distintos centros escolares da cidade de Ourense e da súa provincia.
O evento está promovido polo colectivo de profesorado de música “Somos Música”, en colaboración co CFR de Ourense, co obxectivo de poñer en valor a importancia da música nas aulas como ferramenta educativa, creativa e de convivencia.
O alumnado participante ofreceu diferentes actuacións musicais nun encontro que converteu a Praza Maior nun espazo de celebración, aprendizaxe e expresión artística compartida.



































No hay comentarios:
Publicar un comentario