viernes, 23 de enero de 2026

🎹UNHA VIAXE POLO MUNDO DO PIANO 🎹

Unha viaxe polo mundo das teclas, os sons e as emocións a través da pianista e compositora  María Mendoza.

1° parte: O piano por dentro (Organoloxía)

2ª parte: O que toca o piano (Repertorio e emocións)

3ª parte: Compoñer co piano (Crear emocións)

Foi unha preciosa actividade máxica e inesquecible. Grazas o concello de Ourense pola organización de actividades tan enriquecedoras. Encantounos.

No vídeo adxunto podeís ver e escoitar a mestría de María Mendoza ao piano interpretando un fragmento dunha das súas composicións. Brava!!!